Skip to main content
Actualidade

A consellería de Medio Rural realiza un pago de máis de 10 millóns de axudas da PAC a 10.761 gandeiros lucences

Por 16 Agosto, 2017Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural ingresou un novo pago de axudas da PAC a 10.761 gandeiros da provincia, por unha contía global de 10.182.675 euros.

Balseiro visitaba unha explotación gandeira en Sarria.

Balseiro visitaba unha explotación gandeira en Sarria.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, realizou unha visita a unha explotación gandeira de Sarria, onde explicou que con estes ingresos -realizados nas últimas semanas- complétanse practicamente os pagos da campaña 2016, que para Lugo supoñen un investimento total de case 79 millóns de euros.

Balseiro destacou que os datos de distribución das axudas da PAC reflicten o peso agrogandeiro da provincia, que asume preto da metade do importe global destinado a Galicia (en concreto, o 48,3%). A Coruña recibe 55,7 millóns de euros, Pontevedra 15,7 millóns e Ourense 13,1 millóns de euros.
A maior parte destes fondos refírense aos chamados pago básico e pago verde. Nesta última partida suman en Lugo máis de 6,6 millóns de euros. O primeiro deles ten que ver coa asignación de dereitos que teñen os agricultores e gandeiros e co número de hectáreas declaradas. O pago verde prima o mantemento de pastos, a diversificación de cultivos e as superficies de interese ecolóxico.

Outros importes destacados destes pagos do Fogga na provincia de Lugo corresponden aos conceptos de vacas de leite (1,9 millóns de euros pagados nas últimas semanas) e vacas nutrices (1 millón). O resto ten que ver con diferentes partidas para ovino, cabrún, etc.

O delegado subliñou tamén o incremento xeneralizado rexistrado en Galicia nos últimos dous anos do número de solicitudes de axudas por parte de agricultores mozos, un aumento de máis do 22%.