Skip to main content
Actualidade

CxG mantivo unha xuntanza de traballo con Monseñor Julián Barrio

Por 18 Agosto, 2017Sin comentarios

Villamayor, Piñeiro e Barrio durante a xuntanza.

O Secretario Xeral de CxG, Piñeiro Docampo e o Secretario Nacional de Organización  Orlando Villamayor  mantiveron este venres 18 de agosto unha xuntanza en Santiago co responsable da Igrexa Católica en Galicia, Monseñor Julián Barrio.

CxG transmitiu a necesidade de fornecer o uso do galego no eido da Igrexa Católica, así como a galeguización dos camposantos galegos. Comprobamos a normalidade, conciencia e naturalidade do estamento católico, no relativo ó uso do galego, e certificamos que é de elección dos fieis o uso da lingua que libremente elixan en aqueles actos litúrxicos do eido persoal.

Tamén se acordou nesta reunión manter xuntanzas periódicas de traballo  co gallo de ir avanzando na normalidade do trato político.

Está acción Compromiso, a enmarca na normalidade de traballo, con aqueles axentes que están directamente ou indirectamente implicados na realidade de País. Seguiremos mantendo este tipo de reunións que fornecen a nosa acción  política.