Skip to main content
Breves

Homenaxe aos mestres xubilados do CEIP Ramón Falcón cunha cea de confraternidade

Por 12 Agosto, 2017Sin comentarios

Ex alumnos e membros da A.N.P.A. do CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei preparan unha cea homenaxe na honra dos mestres que se xubilaron ao rematar o curso 2016/2017: Dona Mari Carmen Ruiz Balado, Dona María Elena Salgado López e Don José Antonio Vázquez Tallón.

A xuntanza terá lugar no Restaurante Río Lea de Castro Ribeiras de Lea o vindeiro venres 1 de setembro, ás dez da noite. Os interesados e interesadas en asistir deberán retirar as tarxetas antes do martes 29 de agosto na librería Maduca (Castro de Rei), Mesón A Ponte (Ponte de Outeiro) ou na pastelería Améndoa (Castro Ribeiras de Lea) ou contactando por teléfono con José Pérez Folgueira (608 556 480) ou con José Manuel Rus Rodríguez (652 248 401). O seu prezo é de 22 euros, aínda que se reduce a 10 para os menores de oito anos.

A organización agradece que toda a xente interesada retire canto antes a súa tarxeta, por se fora preciso encargar algunha máis.