Skip to main content
ActualidadeBrevesSociedade

Tres persoas feridas tras unha saída de vía en Loentia

Por 14 Setembro, 2017Sin comentarios

Os servizos sanitarios indicaban ao CIAE este xoves pola mañá que tres persoas resultaran feridas á altura do lugar de Loentia, na localidade de Castro de Rei, tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban.

O 112 Galicia tras recibir o aviso, sobre as nove e media da mañá, informou á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Vilalba.