Skip to main content
Actualidade

A Garda Civil de Lugo detén a marcha dun ciclista por alcoholemia positiva en Castro

Por 15 Setembro, 2017Sin comentarios

Algo despois das oito do serán do pasado 13 de setembro, unha patrulla de axentes pertencentes ao Subsector de Tráfico de Lugo, durante un Punto de Verificación de Alcohol e Drogas que estableceran na estrada que discorre entre a localidade de Castro de Ribeiras de Lea e Matodoso, á saída da primeira, observaron como se aproximaba a eles un ciclo, cuxo condutor, un veciño de Castro de Rei de 50 anos de idade, circulaba dun modo irregular sen manter unha liña recta.

Unha vez chegado á altura dos axentes estes puideron comprobar como as sospeitas que lles levantaba a forma de conducir do ciclista non eran erróneas dado que os síntomas que presentaba de atoparse baixo os efectos das bebidas alcohólicas eras evidentes. Tras ser sometidos ás probas de alcoholemia arroxou un resultado de 0,78 mlgs/l de aire expirado polo cal se propuxo para sanción á Xefatura Provincial de Tráfico. Esta conduta está tipificada como moi grave pola Lei de Seguridade Viaria e leva unha sanción de 1000 euros.

Ademais diso, o citado condutor circulaba sen facer o uso do casco de protección, obrigatorio aos ciclistas fóra dos centros urbanos das poboacións.