Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O DOG publicará nos vindeiros días a licitación da redacción do proxecto de adaptación da LU-231

Por 29 Setembro, 2017Sin comentarios

A Xunta de Galicia informa que está a piques de publicar no Diario Oficial de Galicia a licitación do contrato de servizo de redacción do proxecto construtivo de adaptación de 18,7 quilómetros da estrada autonómica LU-231, que une os concellos de Friol e Palas de Rei.

Con este fin a Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, reserva unha partida orzamentaria de 222.031 euros. A solución construtiva a proxectar deberá supor unha mellora integral da actual estrada, ensanchando a súa plataforma, rectificando as curvas perigosas, mellorando o perfil lonxitudinal e executando un novo firme con pavimento de mestura asfáltica en quente.

Esta actuación, para a que se realizarán as expropiacións necesarias, traducirase nunha importante mellora na seguridade viaria desta estrada e na comodidade de circulación dos usuarios da mesma.

Así lles foi transmitido dende a Delegación Territorial da Xunta en Lugo aos alcaldes dos respectivos concellos.