Skip to main content
Actualidade

Balseiro lembra que "a Xunta multiplica por 40 a inversión real da Deputación na provincia de Lugo"

Por 19 Setembro, 2017Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, saíu ao paso das declaracións efectuadas polo voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, lembrándolle que a inversión real do Goberno galego na provincia de Lugo é 40 veces superior á da Deputación provincial.
A Deputación de Lugo manexa un orzamento de 84 millóns de euros dos que, algo máis de 30 se destinan a inversións reais. Pola contra, as inversións reais da Xunta na provincia superan en 2017 os 1.195 millóns de euros, unha contía que multiplica por 40 á da Deputación.
A provincia con máis investimento por habitante de Galicia
E isto se comparamos inversión real, porque si falamos orzamento global as magnitudes están moito máis a favor da Xunta, xa que só os recursos que destina a Consellería de Educación para financiar o transporte escolar supera a todo o orzamento da Deputación, e incluso o orzamento de concellos como o de Lugo é superior ao provincial.
“Álvaro Santos, movido pola súa incontinencia verbal, confunde conceptos, non sabe diferenciar entre orzamento e inversión real. Pero é que incluso parece esquecer que Lugo é con gran diferencia, a provincia de maior inversión por habitante de Galicia”
A Deputación molesta porque a Xunta aposta por Lugo
Balseiro lamenta que a Deputación de Lugo amose estar molesta polo esforzo inversor que a Xunta realiza na provincia de Lugo cando o lóxico sería todo o contrario, isto é, que se felicitase porque o Goberno galego sae en apoio dos concellos da provincia e das necesidades dos seus veciños e veciñas.
O delegado territorial da Xunta di que o que non ten ningún sentido é que a Deputación saia presumindo, día tras días, do Plan único provincial, cando este programa de investimentos achega os mesmos recursos que o Fondo de Cooperación local, co que a Xunta distribúe 20 millóns de euros a todos os concellos lucenses, sen excepción, e coa vantaxe de que son os concellos os que deciden libremente o destino destes fondos, non como acontece co plan provincial.
“E os 20 millóns de euros que cada ano reciben os concellos lucenses da Xunta tan só son unha pequena cantidade en relación co conxunto de axudas e apoios que o Goberno galego realiza en toda a provincia, con inversións en infraestruturas, centros educativos, sanitarios, cofinanciación de obras nos concellos, obradoiros, plans de emprego, e así un longo etcétera”.