Skip to main content
ActualidadeBrevesPol TERRACHÁXASociedade

O Concello de Pol convida á veciñanza á XXVI Comida da Terceira Idade

Por 1 Setembro, 2017Sin comentarios

O Concello de Pol organiza a XXVI Comida da Terceira Idade que se celebrará o vindeiro domingo 10 de setembro na carballeira de Mosteiro baixo unha carpa.

As actividades previstas comezarán ás dúas do mediodía cunha misa seguida do xantar ao que convida o Concello. Con todo, as persoas interesadas deben confirmar a súa asistencia antes do venres 8 de setembro nas oficinas municipais ou a través dos teléfonos 982 345 029 e 982 345 038.

Tamén haberá animación musical.