Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A CIG denuncia o incumprimento do pago de trienios e quilometraxe ao persoal de axuda a domicilio do Concello de Guitiriz

Por 23 Setembro, 2017Sin comentarios

A CIG denuncia “os incumprimentos do Concello de Guitiriz co persoal de Axuda a Domicilio, ao cal non se lles aboa as cantidades correspodentes por trienios, ás que teñen dereito”.

Esta situación ven dada desde hai máis de tres anos, xa na anterior lexislatura, máis as traballadoras a pesar de ter dereito ao cobros dos trienios continuan sen cobralos. A actual alcaldesa hai xa dous anos que se comprometeu a pagar os trienios a este persoal, mais pasan os meses e o persoal continua sen cobrar, o cal é unha actitude e conducta absolutamente irresponsable e neglixente da alcaldesa”.

“Desde a CIG entendemos que é absolutamente inxustificada esta actitude da alcaldesa, quen na vez de resolver os problemas dos traballadores e traballadoras municipais se adica a ameazar ao pèrsoal do Concello coa privatización dos servizos, cando calquera traballador e traballadora demanda un dereito laboral, nunha actitude absolutamente mafiosa. Este continuo e permanente incumprimento cara ás traballadoras deste servizo amosa uha actitude absolutamente de insesibilidade e desprezo por parte da Alcaldesa cara aos mesmos”, segundo Lois Neto.

“Igualmente tamén queremos denunciar que estas traballadoras de Axuda a Domicilio están tamén sen cobrar nengún plus de transporte, vendose obrigadas a pagar o combustible e por elas mesmas o coche para os desprazamentos”.

Desde a CIG esixen “á Sra Polin que solucione en breve prazo de tempo estas cuestións ou veremonos na obriga de iniciar todas as acción posibleis tanto no plano xuridico, onde xa existen demandas interpostas no Xulgado do Social, coma no plano social para que os dereitos destes grupos de traballadores e traballadoras sexan respectados”.