Skip to main content
A PastorizaActualidade

Luis Cabado: “Grazas á Xunta contaremos con máis de 11.400 horas anuais no servizo de axuda no fogar”

Por 21 Setembro, 2017Sin comentarios

Carlos Armesto, Luís Cabado, Elena Candia e Pepe Yáñez

“Grazas á Xunta de Galicia contaremos con máis de 11.400 horas anuais no servizo de axuda no fogar”. Así o quere poñer de relevo o voceiro do PP de A Pastoriza, Luis Cabado, pois este incremento, que pon a disposición do Concello a administración autonómica, suporá unha mellor atención ás persoas con autonomía reducida e, por tanto, indica, “unha gran axuda ás familias”.

Con este reforzo no servizo, supón unha ampliación de preto de 1.000 horas máis ao mes; o que se traducirá nunha mellora da calidade de vida dos beneficiarios. Por todo elo, os populares queren poñen en valor o esforzo que está a realizar a administración autonómica nesta materia, pois, ademais, de prestar unha asistencia superior, esta medida leva aparellada o mantemento dos postos de traballo que no municipio se crearon ao abeiro da atención á dependencia.

Cabado agradece así a coloboración e “a sensibilidade” do Goberno galego. “Toda a axuda que veña neste sentido é ben recibida. Investir nas persoas non é un esforzo, é unha necesidade”, destaca.

Este servizo farase efectivo a partir deste mesmo mes, tal e como indicou recentemente a consellería de Política Social. Enmárcase na partida de 2,9 millóns de euros que o departamento autonómico destina a este fin, e que inclúe a prestación de 25.710 horas adicionais mensuais; o que supón que, cada ano, se porá a disposición dos concellos 308.515 horas complementarias no Servizo de Axuda no Fogar.