Skip to main content
ActualidadeVilalba

Biciclistas Galegos leva a Vilalba información sobre medicina deportiva

Por 18 Setembro, 2017Sin comentarios

Biciclistas Galegos organiza en Vilalba, coa colaboración do Concello, unha charla informativa sobre medicina deportiva que impartirá Xoán M. Rodríguez Bastida, Licenciado en Medicina e Ciruxía (Especialista en Medicina e Fisioloxía do deporte). Foi médico de equipos ciclistas profesionais como o Xacobeo Galicia, Euskaltel, Relax Fuenlabrada, entre outros. Actualmente traballa con numerosos deportistas de alto nivel e é médico das seleccións galegas de fútbol.

A charla, de balde, terá lugar o sábado 30 de setembro ás sete da tarde na Casa da Cultura de Vilalba.