Skip to main content
ActualidadeVilalba

A piscina municipal de Vilalba retomará a súa actividade o 16 de outubro

Por 18 Setembro, 2017Sin comentarios

As obras de renovación de instalacións na piscina municipal rematarán o 16 de outubro, data na que se reabrirá a instalación para os usuarios.

As obras en cuestión (que afectan a maior parte das instalacións e o funcionamento da piscina: grupo electróxeno, deshumectadora, sistemas de cloración, climatización, sistema eléctrico, legionela, selado do vaso, conduccións de auga, desaugues, impermeabilizacións, sustitución dos falsos teitos, arranxo da zona de duchas, pinturas e alicatados) viñéronse desenvolvendo dendo o mes de xuño en dúas fases diferentes:

Unha primeria fase desenvolveuse sin necesidade de pechar a instalación para non alterar o seu uso e porque eran compatibles co mesmo. Na segunda fase era necesario o peche da piscina porque as obras facían imposible a utilización da instalación.

 

Interior da piscina municipal de Vilalba.

Interior da piscina municipal de Vilalba.

En principio, e según os informes técnicos oportunos, estimouse que esta segunda fase podería estar rematada a principios de setembro, pero dunha parte a propia complexiade das obras en cuestión (que moitas veces non permiten a compatibilzación das mesmas) e de outra, o feito de que o ir avanzando no desenvolvemento das actuacións, foron aparecedendo elementos imprevistos que tamén necesitaban de reparación, traen como consecuencia que a previsión inicial de remate das obras hai que levala ó 25 de setembro, en que según as verificacións técnicas estarán rematadas. Unha vez feito o remate das obras, a posta en funcionamento da instalación require un plazo mínimo de 15 días necesario para labores de limpeza, enchido do vaso, verificación e inspección dos sistemas e autorizacións oportunas singularmente en materia de industria e sanidade. Por esa razón sinálase o prazo do día 16 de outubro como marxe para cubrir continxencias que poden aparecer ao respecto.

A posta en marcha dos cursos e demais actividades da piscina programarase en función da data de apertura, circunstancia da que se dará oportuna publicidade.

No que respecta ós abonos para a utilización da instalación, aqueles usuarios que teñan adquiridos abonos de carácter anual, descontaráselles a parte proporcional no prezo que corresponda ao tempo de peche da piscina.