Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

Café Quijano chega a Vilalba co seu 'Tour Aniversario'

Por 11 Setembro, 2017Sin comentarios
Café Quijano.

Café Quijano.

Cando se cumpren 20 anos desde o seu debut discográfico, Café Quijano regresan aos grandes escenarios con todo o seu potencial eléctrico e acústico.

Nesta xira, os irmáns Quijano ofrecen un repertorio no que non faltan nin as cancións emblemáticas coas que triunfaron en todo o mercado latinoamericano nin tampouco os boleros acústicos aos que lles dedicaron a súa triloxía iniciada en 2012. ‘Nada de nada’, ‘Llaves de Raquel’, ‘La Lola’, ‘Tequila’ e ‘Desde Brasil’, pero tamén os boleros ‘Me enamoras con todo’ e ‘Robarle tiempo al tiempo’ conforman este novo show de preto de dúas horas de historia viva do pop latino.
E por suposto, tampouco faltan neste show as súas novas creacións. Mantendo intacta a súa capacidade creativa, non pararon de compoñer novas cancións que verán a luz nun próximo disco cuxa saída se espera para principios de 2018. E para demostralo, o grupo xa está a liderar as listas de éxitos deste verán con ‘Perdonarme’, un single de adianto no que colabora Willy Taburete e cuxo vídeo foi gravado en Miami.
Café Quijano actuará no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba o venres 15 de decembro ás nove e media da noite. As entradas estarán á venda a partir do mércores 13 de setembro en www.ataquilla.com e na Casa da Cultura de Vilalba.