Skip to main content
ActualidadeCospeito

Candia acorda co presidente de SUPLUSA impulsar o polígono de Cospeito

Por 31 Outubro, 2017Sin comentarios

Elena Candia e Manuel Martínez durante unha xuntanza sobre SUPLUSA.

Abrir a residencia da terceira idade de Castroverde e impulsar o polígono industrial de Cospeito foron os acordos acadados este martes pola voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, e o actual presidente de SUPLUSA, Manuel Martínez, durante a reunión que mantiveron este martes, xunto antes do comezo da sesión plenaria da Deputación.

Así o confirmou a popular a preguntas do xornalistas, e quen destacou que esta xuntanza xorde da petición realizada por ela mesma, unha vez que se fixo pública a notificación da inscrición da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA) no RUEPSS (Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais). Precisamente, este era un trámite necesario para que a Deputación, a través desta entidade, poida abrir as residencias que ten proxectadas na provincia.

“Temos que ser claros e concretos e estes proxectos teñen que arrancar. Vamos a ser unha garantía de que así sexa. Son dous proxectos que son demandados e que non teñen ningunha trama burocrática. De feito, no caso do polígono, o alcalde xa se reuniu tamén co presidente”. “O noso compromiso, remarcou Candia, é empezar no proxecto e non deixalo ata que remate. Imos ser unha garantía e seguimos traballando nesa dirección”, apuntou.

Elena Candia agradece así que a súa petición de reunión fose atendida con rapidez, pois permite dar unha resposta en positivo tanto aos concellos afectados como aos propios veciños, que reclaman da institución lucense a posta en funcionamento destes centros, que continúan sen funcionar acumulando importantes atrasos dende que se aprobou a encomenda de xestión en outubro de 2010.

Xestión do Partido Popular
A xestión e as iniciativas promovidas polo Grupo Popular están a posibilitar que se dean cambios que desemboquen na tan necesaria e urxenta apertura dos centros de maiores, “sen repostar, dixo, a unha pataleta política, como xa indicamos noutras ocasións”. Tanto é así que a notificación da inscrición de SUPLUSA no RUEPSS prodúcese despois de que o PP lograse o mes pasado que o Consello de Administración acordase iniciar a tramitación do expediente correspondente e tras numerosas peticións trasladadas durante os últimos meses, así como no cambio da presidencia da Sociedade.

Os feitos demostran que o Grupo popular tiña razón cando comezou a impulsar a modificación dos estatutos, trámite necesario para que o proceso de inscrición no RUEPSS se puidese levar a cabo. Foi, por tanto, a partires de que Darío Campos deixase a presidencia de SUPLUSA cando se puido empezar a avanzar neste proceso xa que, ata o momento, os responsables socialistas durante os últimos 7 anos se desvincularon da súa responsabilidade e puxeron trabas continuadas á posta en marcha das residencias, sendo incluso necesario que o PP defendese o asunto na vía xudicial e mesmo que promovese iniciativas para que se respectasen os dereitos dos traballadores que foron seleccionados para traballar nos centros.