Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Estimada unha demanda dunha traballadora do Concello de Guitiriz por “vulnerar o dereito á reducción de xornada para o coidado de fillos”

Por 27 Outubro, 2017Sin comentarios

O Xulgado do Social Nº 2 de Lugo ven de estimar unha demanda dunha traballadora do Concello de Guitiriz pola denegación do Concello da concreción horaria tras a solicitude de reducción de xornada por coidado de fillos.

A CIG explica que “nos atopamos ante a constatación dun novo abuso legal por parte do Concello de Guitiriz contra os dereitos dos seus traballadores, neste caso ademais frente a un caso de Dereito de Conciliación da vida laboral, Persoal e Familiar, o cal amosa a absoluta insensibilidade dun Goberno dun partido que supostamente defende aos traballadores e liderado por unha muller ante a problemática que as mulleres teñen para poder conciliar a súa vida laboral e familiar”.

Segundo o sindicato, esta sentenza “vén a confirmar a nefasta, arbitraria e caprichosa política de persoal do Concello de Guitiriz, a cal obriga aos traballadores e traballadoras a xudicializar continuamente o exercicio dos seus dereitos recoñecidfos tanto no Estatuto dos Traballadores coma no propio Convenio Colectivo do Concello. Proba da discrecionalidade que a CIG denuncia aparecen reflexadas na propia sentenza, onde literalmente dí “lo único que manifiesta en su resolución de rechazo de la pretensión de la demandante, son vaguedades” ou “sin invocación alguna que justifique la imposibilidad o los perjuicios concretos efectivos que se derivarían del horario propuesto”.

Así, dende a CIG instan a Regina Polin a que “entre en razón e mude a súa actitude caudillista nas relación laborais do Concello, pois a mesma está a amosarse que é absolutamente errada e só está a conquerir a súa xudicialización, e o gasto de recursos económicos por parte do Concello en custos xudiciais que ao final pagan todos od vecinos e veciñas do Concello”.