Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

Descontos de 5 céntimos en litro na estación de servicio Eimil para socios do Racing Villalbés

Por 20 Outubro, 2017Sin comentarios

Paco Ruiz e Queno Eimil asinaron o convenio de colaboración entre as entidades.

O Racing Club Villalbés vén de asinar un convenio de colaboración coa Estación de Servicio Eimil – GALP a través do que os socios e colaboradores do club se poden beneficiar dun desconto instantáneo de 5 céntimos por cada litro en repostaxes de máis de 20 litros.

Pero, ademais deste desconto, a Estación de Servicio Eimil donará ao club a cantidade de 2 céntimos por litro de tódolas repostaxes que se realicen mediante esa promoción. Deste xeito, “a oferta é beneficiosa para tódalas partes”, como indica o presidente Paco Ruiz.

O club proporcionará unha tarxeta aos socios e colaboradores que deberán presentar no momento do pago para poder beneficiarse do desconto.

Outros convenios
O club está a traballar cos comercios e empresas da vila para “poder ofrecer aos nosos socios moitas máis ofertas e descontos”.