Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei recibe a autocaravanistas de Galicia para inaugurar a súa área de servizo

Por 3 Novembro, 2017Sin comentarios

Autocaravanistas da Asociación de Autocaravanas de Galicia visitan Castro de Rei entre o venres 3 e o domingo 5 de novembro con motivo da inauguración da área de servizo para autocaravanas a carón da ruta do río Azúmara que se desenvolverá o sábado ás doce e media do mediodía.

As actuacións de acondicionamento da zona e dotación de servizos, así coma a mellora da sinalización da ruta contaba cun orzamento de 70.000 euros dos que o 80% foi subvencionado por parte de Turismo de Galicia co obxectivo de “dinamizar a actividade turísitica na zona”.

Acceso ao polígono industrial de Castro.

Outros investimentos
Recentemente, o Concello de Castro de Rei melloraba os parques infantís de Castro R. de Lea e Castro de Rei cun orzamento de 36.000 euros subvencionados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Neste caso, as actuacións supuxeron a mellora do solo dos parques e a substitución de elementos danados así como o seu pintado íntegro.

Así mesmo, estase a desenvolver a mellora de accesos ao parque empresarial a través da construción de beirarrúas novas e carrís de incorporación. As obras que contan cun orzamento de 120.000 euros subvencionados pola consellería de Industria e Xestur, está previsto que rematen o mércores 15 de novembro.