Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Un home acaba accidentalmente coa vida da súa muller en Riotorto mentres manexaba unha motoserra

Por 16 Novembro, 2017Sin comentarios

Un home acabou accidentalmente coa vida da súa muller en Riotorto mentres cortaba madeira cunha motoserra. Os feitos ocorreron no lugar da Hermida.

O 061-Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar, aínda que non chegou a intervir tras confirmarse o falecemento da muller.

O 112 Galicia tivo constancia do sucedido a través do persoal sanitario ás 13:25 horas.

Decontado, dende o CIAE informouse á Garda Civil, a Protección Civil e ao GES da Pontenova. Ademais pasouse o aviso para atender ao home da persoa falecida ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), que desprazou dous membros ata o lugar.