Skip to main content
Actualidade

Unanimidade no Pleno provincial para aprobar a ampliación das sendas dos río Rato e Fervedoira proposta polo BNG

Por 28 Novembro, 2017Sin comentarios

Xosé Ferreiro e Antonio Veiga, deputados do BNG na Deputación de Lugo.

O voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, felicitouse pola aprobación unánime no Pleno da Deputación para que se lle dea continuidade ao Paseo do río Rato. “Entendemos que será moi positivo para a cidade prolongar este paseo fluvial pola demanda que ten para a práctica do deporte e como lugar de esparcemento para a veciñanza” sinalou Xosé Ferreiro. O voceiro do BNG explicou que “a creación do Paseo do Rato foi impulsada pola Deputación e, neste momento, o ente provincial conta con recursos para acometer a execución desta proposta do BNG”.

O voceiro do BNG agradeceu a presenza dun grupo de veciñas e veciños da Urbanización Castro Gil que foron os impulsores e aceptou as emendas presentadas dende os grupos popular e socialista para pedir, respectivamente, a implicación do Concello de Lugo e da Confederación Hidrográfica. Para o BNG-AA trátase dunha ”intervención de baixo custo” xa que o trazado está practicamente definido e non ten unha grande lonxitude e poderíase acometer o arranxo do firme sen problema.

Ferreiro explicou que na proposta do BNG están previstas dúas actuacións diferentes e complementarias. Por unha banda a prolongación do Paseo do río Rato ata o nacemento do río na zona de Albeiros que, segundo o voceiro nacionalista, “contribuiría a dar solución aos problemas de contaminación que padece este río no seu tramo inicial na zona da Garaballa” e, por outra parte, a creación dunha senda a carón do río Fervedoira.

O voceiro do BNG na Deputación, sinalou a necesidade de rematar a senda que vai a carón do río Fervedoira e que serviría para achegar, á cidade, as zonas residenciais situadas preto da Campiña a través dunha vía peonil. Coa creación desta senda tamén se melloraría o entorno e a calidade de vida de veciñas e veciños. Esta senda estaría enlazada co paseo do Rato e xa estaba previsto nun proxecto da Deputación a execución desta obra que quedou paralizada fai moitos anos. “Entendemos que é o momento de retomar este tipo de proxectos que, ademais de mellorar o entorno da Fervedoira, contribúen a incrementar a lonxitude do cinturón verde da cidade” afirmou Xosé Ferreiro.

Unha senda pola Vía Rexia
Ferreiro referiuse ao camiño que vai paralelo ao río Fervedoira e sinalou que se trata da antiga Vía Rexia que unía Lugo coa vila de Meira e Abres. Segundo informou o deputado do BNG existen documentos do século XIII que recolle o trazado deste camiño como a Vía Rexía do Norte que tamén apare