Skip to main content
Actualidade

O PP favorece que a Deputación mellore a xestión dos bombeiros “porque sempre defendemos este servizo"

Por 28 Novembro, 2017Sin comentarios

O Grupo Provincial do Partido Popular dá o visto prace á proposta relativa á adquisición de compromisos do organismo provincial en relación ao Consorcio Provincial de Bombeiros, valorando así o paso que se dá para mellorar a xestión deste organismo do que dependen 117 profesionais que prestan o seu servizo nos parques da provincia.
Deste xeito, a voceira do PP, Elena Candia, explicou que, malia que este asunto leva enquistado dende o ano 2010 -momento no que o ex presidente da Deputación e o vicepresidente primeiro naquel momento e membro do Bloque Nacionalista Galego, apostaban por unha xestión indirecta para uniformar o sistema que había en todas Galicia-, este Grupo valora agora “este novo paso porque sempre defendemos a mellora do servizo, a equiparación salarial e a dotación de medios”.
Neste senso, Elena Candia apuntou que, por parte da Xunta de Galicia, sempre houbo vontade negociadora, polo que “o argumento de botarlle a culpa non serve”, xa que esta administración investe máis de 2 millóns de euros nos parques. “Nunca nos opuxemos á equiparación salarial, pero si que cremos e defendemos que era importante sentarse para abordar este cambio unilateral da xestión dende que se producía aquel acordo hai sete anos”. Tal é así, indicou a popular, que, “nun exercicio de responsabilidade, esta situación se podería ter solucionado hai polo menos hai 18 meses e evitar 55 notas prensa por parte duns e outros, cando o Grupo Provincial trouxo este asunto ao Pleno e o BNG se puxo de perfil”, remarcou.
E é que, tal e como destacou a popular, o Consorcio nace para materializar que esta é unha competencia propia dos Concellos segundo a Lei de Bases de Réxime Local, poñendo en valor así que a administración autonómica se implicase no financiamento, e convertendo a Galicia na quinta Comunidade de toda España que asume este compromiso. Por tanto, e ante as afirmacións de se a Xunta axuda máis a Ourense que a Lugo neste asunto por parte do BNG, Elena Candia, subliñou que “é importante dicirlle á verdade á xente e non confundir, pois, xa naquel momento, cando ía ao Consorcio o Sr. Bao, a postura do BNG era a dun seguidismo do resto dos grupos políticos, a pesares de ter unha posición de forza para impulsar este cambio”.
Aspectos do informe
Con todo, e no marco dunha postura totalmente positiva e colaboradora para desbloquear este asunto, a voceira do PP instou ao Goberno a traballar na materialización deste acordo e de deixar de utilizar á xente. “Os bombeiros saben que teñen ao carón a este Grupo”, e isto, indicou ao resto de grupos políticos, “quizais sexa o que máis lle doe”.
A popular fai esta demanda aos dirixentes provinciais pois o propio informe, no que se sustenta a proposta, recoñece que a Deputación pode asumir o financiamento, e evidencia a necesidade de que se cubra a praza do xerente creada.
“Cando a Corporación aprobou 300.000 euros para poñer a parte que lle correspondía escoitamos que iso non se podía pagar”, a pesares de que este documento, e así o reproduciu literalmente Elena Candia, [… nada impide que se leven a cabo achegas unilaterais con carácter extraordinario como a que se propón..]. Asemade, apuntou a voceira do PP, “dende o ano 2010 ata o 17 seguimos sen ter un interlocutor, que permitiría que problemas coma este se terminen enquistando e non chegar a onde chegaron e iso é responsabilidade de todos”.
Con todo, e sendo consciente da importancia que supón este acordo e que esta formación política non dubida en apoiar, Elena Candia insiste e valora a circunstancia de que “se dá un paso máis, pois temos que reivindicar que cada veciño teña a 20 minutos este servizo e seguir dotando de medios e impulsar a motivación destes profesionais”.
A voceira popular considera así que se mellorará “o que temos”, grazas en boa medida tamén ás medidas que se auspician dende a Xunta de Galicia, a través do grupo de traballo polas emerxencias, da consolidación e mellora tanto dos GES e dos equipos de Protección Civil, que tamén serven de apoio ao corpo de bombeiros, sendo moitas veces o medio de resposta.