Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello mellora espazos públicos de Guitiriz con máis de 124.000 euros

Por 7 Novembro, 2017Novembro 10th, 2017Sin comentarios

Máis de 78.000 euros investirá o Concello de Guitiriz no saneamento do polígono industrial. As obras, xa adxudicadas a OVISA, contan cun orzamento de 78.332,38 euros que achegan a consellería de Industria e a Deputación ao 80 e 20% respectivamente.

Deste xeito, desenvolverase unha obra que suporá a “recollida integral de augas pluviais de todo o polígono”, segundo avanzaba a alcaldesa, Regina Polín.

Xa rematada está, pola súa banda, a instalación de lámpadas LED en lugar das luminarias existentes no polígono industrial procurando unha maior eficiencia enerxética. Esta actuación, cun orzamento de 26.711,02 euros, foron financiadas tamén ao 80% pola consellería de Industria e ao 20% pola Deputación que achegaba tamén 10.000 euros para o acondicionamento do paseo do Balneario.

O Concello dota de mobiliario a cociña da escola de Becín incluída no Plan de Vivendas Baleiras.

Con cargo tamén ao Plan Único foron equipadas con mobiliario básico dúas cociñas das vivendas públicas que se inclúen no Plan de Vivendas Baleiras que pretende “crear bolsas de vivendas sociais cos inmobles desocupados” actuando como intermediario entre os interesados e os propietarios. A esta actuación achegaba a Deputación un total de 9.000 euros.

Pendente de adxudicar atópase outra obra de mellora no casco urbano. Concretamente, nas inmediacións do Campo da Feira, a Ponte Vella, o centro de día e o entorno da Casilla por un total de 30.000 euros.

E tamén neste 2017 o Concello prevé adquirir un camión para a recollida do lixo “porque o que temos está nunha situación penosa”, segundo a alcaldesa. Tamén agarda comprar unha furgoneta para o Centro de Día e ambas adquisicións serán posibles grazas á modificación de crédito aprobada en xullo que permitía investir arredor de 200.000 euros de remanentes municipais.