Skip to main content
Rábade TERRACHÁXAVilalba

O vilalbés Samuel García Miragaya, primeiro no Gran Slam de Braga

Por 26 Novembro, 2017Sin comentarios

Samuel García lograba o ouro en Braga.

O vilalbés Samuel García Miragaya proclamábase campión no Gran Slam de Braga onde o equipo galego liderado por Rubén López e Alfredo Marcuño acadaba o primeiro posto por equipos.

Samuel desputaba deste xeito a súa primeira cita internacional como escolar nunha xornada na que os escolares e cadetes galegos puideron desputar un gran número de enfrontamentos que lles axuden a coller experiencia.

O vilalbés comezara a practicar loita aos 7 anos e esta tempada foi becado como deportista no CGTD de Pontevedra onde compaxinará os adestramentos diarios cos estudos de 3º da ESO. Foi varias veces campión galego escolar e incluso da categoría cadete sendo aínda escolar de primeiro ano e acadou o quinto posto nos pasados campionatos de España da categoría escolar que se celebraron en Oviedo. É “sen dúbida unha das grandes promesas da loita vilalbesa e galega”, como destacan dende o Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

Rábade
Gergana Dimitrova e Laura Arias, do Club de Loita de Rábade, lograban cadanseu ouro e Jonathan Pernas, o bronce.

Gergana esta tempada colgouse o ouro no campionato galego cadete e o bronce no de España, mentras que Laura colleitou o ouro no galego júnior, prata no senior e fíxose cun posto no campionato de España júnior. “Isto é unha mostra do gran traballo que está a desenvolver Marcos Carral na escola rabadense que este ano se proclamou por primeira vez campioa galega júnior feminino por equipos”.

A participación lucense pechouse co ouro de Nicolás López, do Lugo, que se atopa nun bo momento e non tivo moita oposición durante toda a xornada posicionándose como un dos favoritos para os próximos estatais de grecorromana.

Aínda que o torneo portugués non é de primeira liña, é unha magnífica oportunidade que a Federación Galega de Loita lles brinda aos deportistas de base para facer competicións con varios enfrontamentos neste período da preparación da tempada. Isto permítelle aos máis novos “coller experiencia e desfrutar da competición”.