Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade súmase á campaña 'Concellos en Negro' contra a violencia de xénero

Por 2 Novembro, 2017Sin comentarios

O Concello de Rábade adhírese á campaña ‘Concellos en Negro contra a violencia de xénero’ e son xa un total de 63 que con 3 Deputación se tinguirán de negro entre o 23 e o 26 de novembro en sinal de dor polas vítimas.
A traballadora social do Concello, Ángeles Corral, explica que se trata “dunha campaña de visualización e difusión contra a violencia de xénero á que o Concello de Rábade se adhire por primeira vez este ano na que é xa a súa terceira edición”.
O Concello facilita o material e a cartelería que a totalidade dos locais comerciais e establecementos de hostalería -54- empregarán durante a campaña en Rábade que conta co patrocinio de FINSA.
A proposta este ano chama tamén á participación da poboación en xeral que tamén poderá decorar de negro os seus balcóns.
A campaña inclúe tamén unha concentración diante de tódolos Concellos para o 24 de novembro ás doce do mediodía na que unha muller lerá un manifesto contra a violencia de xénero.
Defensa persoal e autocapacidades
Profesionais da Axencia Galega de Seguridade impartirán en Rábade un curso de defensa persoal e autocapacidades a mulleres maiores de 18 anos.
Son xa 16 as prazas cubertas das 20 dispoñibles para recibir formación financiada pola secretaría xeral de Igualdade de cara á prevención de situacións de violencia de xénero.
As clases desenvolveranse no centro sociocultural o mércores 22 de novembro e o xoves 30 entre as dez da mañá e as dúas do mediodía.