Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba recibe axudas do GDR2 para o acondicionamento da antiga praza de abastos como centro sociocomunitario

Por 6 Novembro, 2017Novembro 7th, 2017Sin comentarios

O Concello de Vilalba recibe 66.955,35 euros de axuda pública do GDR2 – Asociación de Desenvolvemento Comarcal da Terra Chá para o acondicionamento de parte da planta baixa da Praza de Abastos para adaptala a centro sociocomunitario.

O proxecto recolle, cun investimento de 86.394 euros, o acondicionamento dese espazo para destinalo a un centro de estimulación, sanitario e terapéutico para a atención de persoas maiores e con problemas de demencia do municipio co obxectivo de cubrir unhas necesidades dando resposta a unha necesidade existente no concello; xa que “hai un centro sociocomunitario da Xunta dirixido a persoas totalmente autónomas”. Así, contaremos con espazo para “aquelas outras persoas con problemas mentais; principalmente, de alzheimer e outras demencias”.