Colaboracións TERRACHÁXA

O Holmes real, o monstro

Por 11 Decembro, 2017Decembro 13th, 2017Sin comentarios

A literatura deunos a coñecer a un detective chamado Sherlock Holmes, quen acompañado do seu fiel amigo John Watson, resolvía crimes e axudaba a capturar aos delincuentes. Pero a historia deste Holmes é ficticia, nada da xenial mente do médico e escritor Arthur Conan Doyle, mentres que os feitos que imos a describir a continuación son tristemente reais, e o seu protagonista tambén se apellida Holmes.

Referímonos a H. H. Holmes, quen adoptou este nome en 1883, xa que a súa identidade real era Herman Webster Mudgget, contando como o detective da ficción dun axudante, Benjamín Pitizel, aínda que a súa relación non chegaría a tan bo termo como a famosa parella inglesa.

Xa desde moi pequeno, H. H. Holmes, tiña fascinación polos cadáveres, sendo un neno intimidado polos seus compañeiros do colexio, tal e como el mesmo descríbese na súa biografía, o que lle levou a ser unha persoa introvertida.

Estudou medicina, e xa con soamente 21 anos, comezou a estafar aos seguros desfigurando e roubando cadáveres, entregando documentación falsificada para así poder cobrar as indemnizacións.

Pero isto non é o que lle daría a fama de ser o primeiro asasino en serie rexistrado de América do Norte, senón os seus posteriores crimes e coa edificación do que máis tarde se coñecería como o Castelo do Horror.

Trasladouse a Chicago e comezou a construír un hotel aproveitando que se ía a celebrar a Exposición Universal de 1893, e xa dende o inicio foi despedindo e contratando a diversos empregados, e cuxa razón escura coñeceríase durante a investigación: evitar que ninguén puidese coñecer os labirintos e habitacións secretas que ideara.

Cando os investigadores entraron no hotel descubriron unhas 20 habitacións secretas, habitacións que carecían de xanelas, corredores sen saída, trampillas no chan e no teito para acceder a plantas dende algunhas habitacións, as cales e todas elas, estaban totalmente insonorizadas, e mesmo unha tiña as paredes revestidas de aceiro.

O soto fora deseñado cun forno crematorio, para desfacerse dos corpos, cun ascensor que unía a planta terceira con esta zona do edificio, xa que a última planta era onde máis reviravoltas e combinacións estrañas acháronse.

Os achados foron bastante macabros, tinas cheas de ácido, bolsas de cal vivo, pezas humanas disecadas, unha sala de despezamento, así como paredes e portas con arañazos e restos de sangue.

Ninguén podía imaxinar os horrores que tras os muros dese hotel producíronse, utilizando a moitas das súas vítimas para sacarlles todo o seu diñeiro antes de acabar con elas de diferentes maneiras, algunhas de forma cruel e outras nin se decataron, xa que se lles metía gas na habitación mentres durmían.

Xa antes dixemos que o seu axudante non tivo un bo final, e foi asasinado polo propio Holmes, que previamente chegara a un acordo con el e a súa muller para finxir a súa morte e así cobrar do seguro, pero o único que sabía que a morte ía ser real era o propio Dr. Holmes.

Cando matou a Pitezel levou a tres dos seus fillos consigo, que quedaron baixo a súa custodia e que debería de levar á muller da vítima, pero a viaxe para os pequenos non puido ser máis desafortunado, non sobrevivindo ningún deles, que foron asasinados polo seu suposto protector.

Finalmente foi detido e en principio acusado das mortes de Pitezel e dos seus fillos, pero a entrada da policía no hotel fíxolles sospeitar que o número de persoas mortas a mans de Holmes era máis elevada.

Durante a súa estancia na cadea, que durou uns tres anos, confesou 27 asasinatos, pero algunha das persoas que dicía que matara estaban vivas, polo que parecía rirse dos investigadores, quen unicamente puideron demostrar e relacionar nove vítimas, aínda que se cre e iso especularon prensa e estudiosos da época e actuais, que o número real de vítimas puideron ser máis de 200.

O seu tataraneto, xunto a unha ex analista da CIA, están tentado relacionar os crimes deste home cos de Jack o Destripador, xa que cren que podería ser a mesma persoa, aínda que non atoparon probas contundentes que o corroboren, e son máis idealizaciones por dar luz á identidade do destripador inglés. Para máis información sobre este tema hai uns documentais no canle Historia onde estas dúas persoas falan da súa investigación e dos pasos que deron para tentar confirmar a súa teoría.

O que si é certo é que H. H. Holmes tivo unha mente criminal bastante dantesca, creando un escenario para matar, un edificio no que poder eliminar xente de formas diversas e desfacerse facilmente dos seus restos.

En 1986, á idade de 35 anos, o asasino foi executado, sendo enterrado a dez metros de profundidade e cuberto de cemento para evitar que profanasen a tumba e roubasen o seu cadáver, algo que sería irónico, debido a que era o que facía el ao comezo da súa carreira criminal.

Pablo Filgueiras e Aranzazu Rodilla