Skip to main content
Actualidade

Novo paso para a disolución e integración da TIC na Deputación coa aprobación da modificación dos estatutos

Por 11 Decembro, 2017Sin comentarios

Reunión extraordinaria do padroado da Fundación TIC.

O presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos Conde, convocou para este luns unha reunión extraordinaria do Padroado da TIC á que presentou a súa proposta de modificación dos estatutos deste organismo para avanzar no proceso de disolución e integración do persoal e da actividade de TIC na Deputación. A iniciativa de Campos Conde foi aprobada.

Trátase dun novo paso neste proceso, tras a decisión do Presidente o pasado 22 de novembro. Nesta data, Campos Conde propuxo ao padroado iniciar a disolución e integración da TIC na Deputación.

Os seguintes pasos son: agora, correspóndelle á Xunta de Galicia aceptar a modificación nos Estatutos e, por último, a Corporación Provincial tamén terá que aprobar no Pleno a subrogación, por parte da Deputación, tanto do persoal como da actividade da TIC.