Skip to main content
Begonte

O Centro Cultural José Domínguez Guizán promove unha exposición de 'Imaxes do Nadal'

Por 14 Decembro, 2017Sin comentarios

Dentro da programación O Nadal de Begonte, este ano o Centro cultural José Domínguez Guizán programou unha exposición de fotografía titulada Imaxes do Nadal, formada por 38 fotografías, que se expoñerán na Sala da Xunta de Galicia en Lugo do 15 ao 28 de decembro, na Casa de Cultura de Begonte do 29 de decembro ao 14 de xaneiro de 2018, e na Casa da Cultura de Chantada do 15 ao 31 de xaneiro.
A mostra é un abano de instantáneas que reflicten as diversas visións dos seus autores e provocarán sentimentos acordes coa sensibilidade de cada un de nós. Coa colaboración do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, preséntanse obras de Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Gerardo Méndez, Hixinio Flores, José Manuel Guisasola, Xosé Manuel Otero, Miguel Fraga, Fernando Gago e Toñi Fernández Ónega (In memoriam).
A exposición, na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, vai ser inaugurada oficialmente o próximo luns, 18 de xaneiro, ás once e media da mañá.