Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Andoni Canela presenta en Rábade o seu libro de fotografías en Islandia

Por 11 Decembro, 2017Sin comentarios

O fotógrafo Andoni Canela presenta o seu novo libro “Islandia bajo cero”, un traballo fotográfico centrado en varias viaxes realizadas á illa en inverno e que se acompaña con textos de Xavier Moret, o mércores 20 de decembro no C.E.N Casa das Insuas a partir das oito e media do serán.

O libro transpórtanos a unha illa máxica en pleno inverno, cando o branco da neve e do xeo cóbreo todo. Ao longo de 144 páxinas, os dous autores retratan unha paisaxe extrema, un coa cámara e o outro coas súas palabras. Fano a partir de varias viaxes que lles levaron a percorrer Islandia durante os meses máis fríos do ano, cando apenas hai luz solar, as auroras aprópianse da bóveda celeste, os elfos e os troles campan ás súas anchas entre as rocas e as fervenzas conxeladas, e só a actividade volcánica e as tradicións islandesas lembran que a illa continúa estando moi viva.