Skip to main content
ActualidadeVilalba

Miro Casabella e Pepe Quintas, Chairegos de Honra

Por 22 Decembro, 2017Sin comentarios

Xermolos e a Irmandade Manuel María nomearon aos músicos e cantores Miro Casabella e Pepe Quintas Canella “CHAIREGOS DE HONRA”.

O acto de nomeamento celebrouse cunha Táboa Redonda na que participaron os tamén cantores Pilocha e Mero, David Otero e Alfonso Blanco.

Xa son máis de 25 anos celebrando este recoñecemento que comezou co poeta Fiz Vergara Vilariño, Isaac Díaz Pardo, Marica Campo, Neira Vilas, Antía Cal, Pusa Antelo, entre outros.