Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PSOE de Vilalba solicita explicacións sobre contratacións "irregulares"

Por 29 Decembro, 2017Sin comentarios

A piques de rematar o ano, o Grupo Municipal Socialista de Vilalba vén de solicitar a celebración dun pleno extraordinario para pedir explicacións sobre distintos contratos que tildan de irregulares polo seu procedemento. Esta inicativa veu sobrevida pola negación da comparecencia da edil de cultura, Consuelo Grandío, a colación dos contratos adxudicados a diferentes empresas para a celebración do FIV e do concerto do grupo de música Café Quijano, pois o Concello publicitou ámbolos dous eventos musicais antes da propia adxudicación dos contratos, entre outras irregularidades sinaladas polos socialistas.
“Na última sesión plenaria do ano asistimos a un desprezo total cara oposición e veciñanza, ademais da indiferenza ante a rendición de contas que tanto estila o PP de Vilalba, pois cos seus votos en solitario negáronse á comparecencia da edil de Cultura sen unha triste explicación”, censurou a voceira do PSOE, Elba Veleiro. Malia que no último pleno ordinario do ano os socialistas non conseguiron as explicacións que buscaban, “non imos quedar de brazos cruzados ante esta falta de talante democrático, pois todas e todos temos dereito a coñecer a xestión do goberno local, e non resignarnos a que oculten procedementos inxustificables a base de levantar a man en contra para todo o que se aborde nos plenos”.
Na mesma liña, pedirán nesta sesión extraordinaria que se aclaren todas as cuestións relativas a contratos de adxudicación de obras desde a toma de posesión do actual alcalde, Agustín Baamonde, “pois temos dúbidas máis que razoables ao respecto”. Por último, establecerase unha proposta de resolución para que o pleno censure calquera procedemento de contratación con irregularidades manifestas, e no caso de que isto ocorra, formule a petición ao alcalde para que cese da súas funcións de goberno á persoa responsable. “Escóndense detras da súa maioría absoluta, pero olvidan que gobernan para todos e que os seus propios votantes merecen ser sabedores da súa xestión política, nefasta nesta e noutras cuestións”, conclúen.