Skip to main content
Xermade

Programación, linguaxe de signos e teatro en decembro na Biblioteca de Xermade

Por 12 Decembro, 2017Sin comentarios

A Biblioteca Municipal de Xermade desenvolve obradoiros e unha representación teatral neste mes de decembro no que tamén convocaba o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”.

Os obradoiros desenvolveranse o domingo 17 de decembro a partir das doce do mediodía e o venres 22 a partir das cinco e media da tarde. No primeiro caso, dirixido a maiores de 8 anos, versará sobre programación co apoio do kit de electrónica Arduino. E, no segundo, Mar Hermida ensinará aos máis novos e novas a linguaxe de signos valéndose de cancións dos libro-discos “A nena e o grilo nun barquiño”, “Canta o cuco”, “Xiqui Xoque” ou “Fiu fiu”. “As mans que falan” diríxese a nenos e nenas de entre 3 e 9 anos e require de inscrición previa.

E case para rematar o ano, o sábado 30 de decembro, Os Baluros de Castro de Rei representarán a obra “O menciñeiro á forza” a partir das cinco da tarde no salón de actos do CEIP de Xermade despois de ser cancelada polo falecemento do seu adaptador, Xosé Manuel Carballo.

Esta obra de Moliére está incluída na programación de Nadal da Deputación de Lugo.