Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

42 veciños de Guitiriz reclaman cunha viaxe máis servizos ferroviarios para o concello

Por 22 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A Alcaldesa de Guitiriz, a socialista Regina Polín, e 42 veciños do municipio fixeron este venres unha viaxe reivindicativa en tren dende o Concello e ata Lugo para reclamar máis servizos ferroviarios nas dúas estacións do municipio, a do casco urbano e a de Parga, pois “nos últimos anos, o PP foi recortándoos, facendo precaria a conexión coa capital luguesa e ata privándonos da parada do Alvia diurno a Madrid, que pasa polo Concello pero non para. O Partido Popular está a conseguir que a vía do tren sexa só un estorbo ou un perigo para Guitiriz recortando os seus servizos, cando os veciños os necesitamos”, explicou.

Baixo o título Eu son de GUITIRIZ e hoxe viñen a Lugo en tren. Tamén voltarei en tren pola tarde, a socialista promoveu un texto no que se están a recoller as reclamacións ferroviarias dos veciños de Guitiriz para remitirllas ao Goberno Central do Partido Popular, concretamente aos responsables de ADIF.

Ademais de demandar conexións con Lugo, Madrid ou Barcelona, as primeiras peticións veciñais que se apuntan no texto son as seguintes:

– Que os trens paren en Guitiriz e Parga para ofrecer este servizo a todos os veciños, aínda que sexa unha parada facultativa.

– Que a vía de tren non sexa só un estorbo e un perigo para o noso Concello senón que dea servizos.

– Que se faga unha forte aposta por dar servizos para que os veciños poidan viaxar en tren.

– Que non se deixe morrer os treitos Lugo-A Coruña e Lugo-Ferrol.