Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade acolle este sábado o Memorial Eduardo Fernández Villamarín de atletismo

Por 25 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Concello de Rábade acollerá o sábado 27 de xaneiro o XV Memorial Eduardo Fernández Villamarín, organizado polo Concello coa colaboración do Goberno da Deputación. No acto de presentación do mesmo estiveron o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao alcalde de Rábade, Francisco José Fernández Montes, e o tenente de alcalde, Alejandro Martínez Campos, xunto a familiares do homenaxeado.

O XV Memorial Eduardo Fernández Villamarín terá lugar o sábado a partir das 16:30 horas no municipio rabadense. A saída e a meta estarán situadas na Praza de España e as probas discorrerán por un circuíto urbano. Haberá cinco percorridos: 80 metros (nacidos en 2014 e posteriores); 600 metros (2010 a 2013); 1.200 metros (2006 a 2009); 1.800 metros (2002 a 2005) e 7 quilómetros (2001 e anteriores). Os primeiros en saír serán os participantes da carreira mini, mentres que ás 17:00 horas sairán os corredores da modalidade absoluta.

Como novidade, este ano todas as categorías van a estar cronometradas. Ademais, creouse un trofeo denominado Eduardo Fernández Villamarín, que será outorgado ao equipo que conte con maior número de participantes que rematen a carreira. As inscricións son totalmente gratuítas e estarán abertas ata o venres a través da web https://championchipnorte.com/evento/detalle/page/2/id/1367/xv-memorial-eduardo-fernandez-villamarin-rabade. Haberá premios para os mellores clasificados.