Skip to main content
Actualidade

A Garda Civil investiga un caso de estafa por Internet a un veciño da Terra Chá

Por 2 Febreiro, 2018Sin comentarios

A Garda Civil de Lugo vén de imputar a un home e manter a investigación sobre dúas persoas máis no marco da operación Verderolo, iniciada en abril do pasado ano e na que resultou vítima un veciño da Terra Chá, o cal contratara un crédito financeiro a través de internet nunhas condicións ventajosas que se atopaba publicado nun coñecido portal de anuncios.

Os presuntos autores aproveitando o estado de necesidade económica de persoas que non poden recorrer ás canles financeiras habituais publican anuncios de créditos de entidades financeiras ficticias, con nomes similares ou que simulan a outras reais, en condicións ventaxosas en coñecidas páxinas a través de internet contactando coas vítimas mediante aplicacións de mensaxería instantánea e correo electrónico, intercambiando correos nos que se solicitan documentos persoais da vítima e remiten outros para a súa complementación por esta (formularios necesarios para unha aparente tramitación normal da solicitude do crédito), e á súa vez con estes trámites van interesando cantidades de diñeiro en diferentes conceptos, por cuxo motivo a vítima realiza transferencias a contas bancarias da trama en entidades situadas en España, Francia e a través de plataformas de envío de efectivo de persoa a persoa.

As investigacións permitiron imputar como presuntos autores a D.R.G. de 27 anos de idade, natural e veciño de Santa Cruz de Tenerife e identificar a S.N.G.J. de 34 anos de idade, natural e veciña de Madrid e a R.A.M. de 21 anos e veciña de Paris (Francia).

No marco da operación procedeuse ao bloqueo de dúas contas bancarias en España e solicitouse auxilio xudicial internacional respecto de as situadas no estranxeiro.