Skip to main content
Actualidade

Crónica da fin de semana do TDM Basanta Souto

Por 5 Febreiro, 2018Sin comentarios

Un fin de semana negativo en canto a resultados para o Tdm Basanta Souto, en segunda galega e nunha tarde moi fría no pabellón do Mato Vizoso, na que o Basanta Souto A perdeu por 4-2 ante o Narón Promesas. Partido engañoso en canto ao resultado pois foi moi disputado e puido vencer calquera, pero a sorte se alineou cos visitantes.

En canto ao equipo de terceira nacional, desprazábase a Lugo con dobre xornada. O Basanta Souto perdeu os dous partidos por 4-0 ante o Dez portas Grao de Ouro e 4-1 ante o Dez Portas Porta Falsa.

A próxima xornada depara un sábado total de tenis de mesa, pois se celebra en Vilalba a segunda xornada de segunda nacional feminina que enfrontará aos catro equipos da zona norte contra os tres da zona sur (Zas, Dubra tambre e Monteporreiro), a partir das 10.30 horas da mañá.

Así os equipos da liga masculina xogan tamén en Vilalba o de segunda contra o Narón Pena Lopesa e en terceira Nacional contra o Ribadeo Carneros TTPRO.