Skip to main content
Actualidade

Castro Ribeiras de Lea celebrará en abril un novo concurso de tapas

Por 11 Febreiro, 2018Sin comentarios

O Concello de Castro Ribeiras de Lea celebrará no mes de abril unha nova edición, a quinta, do seu popular concurso de tapas, que terá lugar os días 6, 7, 8, 12, 13 e 14 de abril.

Como en edicións anteriores, serán once locais de Castro os que presentarán a súa tapa estrela para que sexa valorada polo público e por un xurado de expertos.

Os premios desta quinta edición oscilarán entre o 700 e o 100 euros.