Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Éxito de participación na xornada 'Atrávete Contigo Mesma' de Castro de Rei

Por 15 Febreiro, 2018Sin comentarios

Unhas trinta personas participaron en Castro de Rei na xornada Atrévete Contigo Mesma, cuxa misión é concienciar ás mulleres do medio rural, especialmente ás socias de cooperativas, tanto das súas propias capacidades como da importancia de que tomen cargos nos órganos de decisión destas entidades.

A xornada comezou co relatorio O papel da muller nas cooperativas agroalimentarias, a cargo da técnica de AGACA e axente de igualdade de xénero Ruth Rodríguez. Mostrou o contraste entre a alta porcentaxe de mulleres asociadas e a súa escasa presenza e participación en órganos de representación e decisión das entidades, ademais de analizar posibles causas.

A continuación, a coach e técnica de AGACA Loli Couso guiou unha actividade en grupo cos asistentes onde trataron de identificar e valorar a súas propias capacidades profesionais e de liderado.

Tamén se buscaron xeitos de eliminar os posibles obstáculos que impiden ás mulleres tomar roles máis activos en cooperativas e outras entidades asociativas. Entre outros, nomearon a conciliación entre a vida familiar e a profesional, ou os servizos e medidas que as entidades poden adoptar para facilitar a paridade.

Interviron tamén na xornada María José Folgueira, María del Carmen Andión e Manuela Rodríguez, respectivamente, presidenta, vicepresidenta e vogal da Asociación de Mulleres Rurais, xunto con Yolanda Magdalena Arias, directora da Oficina CaixaBank de Castro de Rei.

Atrévete Contigo Mesma desenvólvese con financiamento da Fundación Obra Social la Caixa, quen mantén con AGACA unha colaboración para desenvolver un plan de accións sociais que inclúe iniciativas para o envellecemento activo, a incorporación de persoas mozas á actividade agrogandeira e o fomento do consumo diario almorzos sans na infancia.

Dende 2015, cando naceu Atrévete Contigo Mesma, participaron na iniciativa máis de 500 mulleres.