Skip to main content
ActualidadeGuitirizSociedade

Éxito na última etapa do programa Guitiriz en Ruta

Por 1 Febreiro, 2018Sin comentarios

Un grupo de 27 veciños do Concello de Guitiriz participou na cuarta ruta de sendeirismo organizada dentro do programa Guitiriz en Ruta e que constou de 15 quilómetros.

Os participantes sairon de San Alberte ás 10.00 horas e percorreron o Camiño Norte de Santiago ata o lugar de Carballedo en Santa Locaia. Tras o café no albergue Witericus, invitados/as xentilmente por Helena Pais, persoa que rexenta o albergue, seguiron polo Camiño de Santiago ata preto do límite co Concello de Friol. Na volta a San Alberte pasaron polos montes de Santa Locaia, Pedrafita e San Breixo. Chegada a San Alberte sobre as 13.40 horas.