Gran participación na segunda ruta en bicicleta do programa Btteando por Guitiriz, organizado polo Concello de Guitiriz en colaboración co club local Btteiros Cova da Serpe. A ruta tivo lugar o domingo 18 de febreiro con máis de 50 persoas.
A ruta programada foi a do Pantano de San Xoán: saída ás 10 horas da praza do Campo da Feira de Guitiriz, seguidamente subida ao pantano, fíxose unha breve paradiña para tomar unha peza de froita e un trago de auga, e despois a baixada de volta a Guitiriz. Uns case 25 km realizados con éxito.
Nesta edición tamén tiveron lugar actividades e rutas para os nenos e nenas de menor idade para que tamén puideran participar e desfrutar da soleada mañá de domingo.
[Best_Wordpress_Gallery id=”23″ gal_title=”Btteando segunda xornada”]