Skip to main content
ActualidadeVilalba

As mozas do TDM contan os seus partidos por vitorias

Por 12 Febreiro, 2018Sin comentarios

Nova xornada dedicada ao tenis de mesa no pavillón Mato Vizoso que deu comezo disputándose a segunda concentración da segunda nacional feminina entre o grupo norte e o grupo sur, onde o Tdm Vilalba conta co equipo Sanjurjo Moda, que venceu en todos os seus partidos impoñéndose por 3-0 ao Monte Porreiro Promesas, tamén por 3-1 ao Ad Zas Restaurante Soneira e por 3-0 ao S. D A Baña. Isto lles fai seguir mantendo a primeira posición na táboa clasificatoria. A próxima concentración tamén será en Vilalba o día 17 de marzo.

Nas categorías masculinas o equipo de terceira nacional, o Basanta Souto, perdeu por 4-0 ante o Ribadeo Carneros, onde os visitantes foron xustos vencedores.

En segunda galega escapou a vitoria por moi pouco nun partido moi igualado. O Narón Pena Lopesa impúxose por catro a tres ao Basanta Souto A, os xogadores locais quedáronse con mal sabor de boca por habérselles escapado a vitoria.

O próximo fin de semana non hai liga ao sufrir un parón por disputarse o nacional en Valladolid, pero o tenis de mesa segue en Vilalba coa disputa da concentración da liga de veteranos que enfronta aos equipos de Lugo (dous de Vilalba e dous de Lugo) contra catro da zona sur, dous de Vigo e dous de Cambados.