Skip to main content
Actualidade

O BNG de Castro de Rei presenta unha serie de propostas para o Plan Único

Por 26 Marzo, 2018Sin comentarios

A voceira municipal do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, anunciou que “dende o BNG presentamos unha serie de propostas ao pleno da corporación para que os investimentos que se fagan con estes fondos sexan beneficiosos para as veciñas e veciños de todo o concello”. Impulsar a feira quincenal de Castro de Rei, acondicionamento de centros municipais e rehabilitación do casco urbano de Castro Rei centran as propostas do BNG.

No pleno de febreiro de 2017 aprobouse por unanimidade unha proposta do BNG para “rehabilitar o casco urbano de Castro de Rei (arranxo das beirarrúas, parque infantil, colocación de papeleiras, acondicionamento dos espazos de lecer, accesibilidade, dotación dos elementos urbanos que se consideren necesarios, etc.)”. Segundo manifestou o alcalde naquel pleno, o concello xa contaba cun orzamento elaborado no ano 2015 que só habería que actualizar.

Dende o BNG propoñen unha rehabilitar o casco urbano de Castro de Rei (arranxo das beirarrúas, parque infantil, colocación de papeleiras, acondicionamento dos espazos de lecer, accesibilidade, dotación dos elementos urbanos que se consideren necesarios, etc.). “Esta obra foi aprobada por unanimidade nun Pleno anterior e hai que seguir sumando recursos para que esta actuación se efectivice” lembrou a edil do BNG en Castro. Ademais, dende o BNG, propuxeron realizar labores de acondicionamento e conservación nos centros municipais destinados a actividades culturais, deportivas e sociais, para facilitar o seu uso e optimizar e ampliar o seu funcionamento.

Lagarón lembrou que outro das partidas deben ir destinadas á impulso da Feira quincenal de Castro de Rei “non pode ser que faga un investimento de máis de 70.000 € e que agora non se faga nada para impulsar a feira”. O BNG tamén propón establecer unha partida específica para organizar ou apoiar eventos e actividades singulares que poñan en valor o noso patrimonio cultural e natural e atendan as demandas da nosa xuventude.