Skip to main content
ActualidadeCospeito

O xornalista Juan Carlos Rodríguez será o pregoeiro da Moexmu 2018

Por 7 Marzo, 2018Sin comentarios

 O xornalista Juan Carlos Rodríguez será o pregoeiro da XXXIV edición da MOEXMU que se inaugurará o vindeiro venres 6 de abril, a partir das 19 horas.

Xornalista destacado da provincia de Lugo dende fai anos, destaca no seu traballo na Cadena Ser, onde presenta e dirixe, dende fai un cuarto de século, o programa decano matinal da provincia Hoy por Hoy Lugo.

Leva toda a súa vida profesional traballando na Cadena Ser, sempre en emisoras vinculadas ao grupo.

O xornalista, que ten raíces familiares en Muimenta, colle o relevo do escritor e tamén xornalista Paco Nieto Rodríguez.

Por outra banda, segue aberto o prazo de inscripción para a reserva de stands e parcelas a ubicar no Recinto Feiral Manuel Vila López os vindeiros 6, 7 e 8 de abril, así como as cabezas de gando.