Skip to main content
A PastorizaActualidadeVilalba

O Vilalba de fútbol sala feminino consegue o ascenso coa vitoria ante o Pastoricense

Por 5 Marzo, 2018Sin comentarios

O Valdesususo Peugeot Vilalba FS feminino conseguiu  esta fin de semana ante a UD Pastoricense o título de Liga da Primeira Galicia Feminina e o pase directo á competición autonómica.

O partido decisivo, que tivo lugar no pavillón Municipal de Vilalba, puxo fronte a fronte aos dous primeiros clasificados  na parte alta da táboa, separados unicamente por un punto.

Á UD Pastoricense valíalle o empate pero as rapazas de Vilalba pecharon cun contundente 7-2 o partido que lles valeu un título e o ascenso tras unha intensa e excepcional tempada no primeiro ano da competición. Como se esperaba, o pavillón acolleu unha chea de seareiros, cos que festexaron este excepcionarl momento.