Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha de cal e outra de area para os equipos do TDM Vilalba

Por 13 Marzo, 2018Sin comentarios

Unha de cal e outra de area trouxo esta fin de semana o xogo dos equipos do TDM Vilalba. Así, en Segunda Galega o Basanta Souto A impúxose por un apertado 4-3 ao Milagrosa en Lugo, co que suma dous puntos máis e consolídase no medio da táboa.

No partido de Terceira nNacional disputado no Mato Vizoso, o Basanta Souto perdeu tamén por un apertado 4-3 ante o San Xoan de Ferrol, a melloría do equipo local é mais ca evidente pero falta consolidala cunha vitoria que custa conseguir pois nesta categoría ninguén regala nada e moito menos na recta final da Liga.

A próxima fin de semana o sábado terá lugar unha xornada completa de tenis de mesa en Vilalba. Pola mañá a partir das 9.30 horas dá comezo a terceira concentración da Segunda División Nacional feminina onde o equipo local Sanjurjo Moda ocupa o primeiro posto da táboa, e deberá enfrontarase aos tres equipos de Ferrol dous de Narón e un de San Xoán.

Xa pola tarde o equipo Basanta Souto A de Segunda galega enfrontarase a partir das cinco ao Grumico da Coruña, o equipo de terceira nacional o Basanta Souto desprázase a Oleiros.