Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Todo listo para a XII edición da Feira do Ferro en Riotorto o domingo

Por 13 Abril, 2018Sin comentarios

O concello de Riotorto celebrará o domingo 15 de abril unha nova edición da Feira da Artesanía do Ferro, que este ano alcanza a súa duodécima edición. Novamente, o eixe desta celebración serán os talleres de ferro, así como demostracións de oficios que terán lugar durante todo o domingo. De feito, estas demostracións serven para dar a coñecer a todos os visitantes as peculiaridades destes labores ancestrais que se conservan en Riotorto dende tempo inmemorial.

Malia celebrarse o domingo, o sábado comezará a actividade festiva cunha pulpada popular servida pola polbeira Mario de Viveiro, que se iniciará o sábado ás 22.00 horas.

O pregoeiro da feira este ano será Xosé de Cora, director Xeral do Grupo El Progreso, e participarán uns 25 ferreiros chegados de Riotorto, Navarra, Santiago de Compostela, O Corgo, Os Oscos, Fonsagrada e Becerreá.

A feira, que contará cunha exposición de artesanía e produtos do campo, abrirá o domingo as súas portas ás 11.00 horas e media hora máis tarde darán comezo as demostracións dos oficios de pirograbado, torneado de madeira, cestería, alfarería e tallado de cristal. Á mediodía o coro de Riotorto ofrecerá unha actuación.

Ás 12.15 horas terá lugar a inauguración oficial da feira, cuxo pregón estará a cargo de Xosé de Cora, director xeral do Grupo El Progreso.

O acto central será a continuación, cando de comezo a demostración en vivo da artesanía do ferro da man dos ferreiros de Riotorto, Friedrich Brasmsteidi de Austria, Alberto Leis de Santiago de Compostela, o Centro de Interpretación da Forxa de Navarra, ferreiros da Fonsagrada e Forxa Chago de Santiago de Compostela.

Amenizada a mañá pola actuación charanga Mekánika terá lugar tamén ás 12.45 horas o taller de ferro infantil a cargo de Friedrich Brasmsteidi, ademais do do espectáculo de animación itinerante de Pepe Penabade.

Despois da pausa para xantar, a charanga Mekanika animará de novo aos presentes coa súa música e Pepe Penabade volverá deleitar aos asistentes co seu espectáculo.

Ás 17.00 horas, comezarán de novo as demostracións dos oficios e ás 19.00 horas os máis pequenos poderán gozar co espectáculo infantil no atrio da igrexa.

Toda a xornada estará animada polos Gaiteiros de Riotorto e haberá degustación de polbo e outros productos típicos.