Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes xa solventou o 80% das incidencias reclamadas pola aplicación cidadá

Por 22 Abril, 2018Sin comentarios

O Concello de As Pontes desde a implantación da aplicación de participación cidadá Línea Verde, o pasado mes de marzo, solventou o 80% das incidencias que foron comunicadas a través deste novo servizo gratuíto de xestión municipal, e o 20% restante atópase xa en proceso de resolución.

Un total de 126 incidencias foron postas en coñecemento do goberno local polos ponteses, o 64% corresponde a problemas relacionados coas vías públicas mentres que o 36% restante repártese entre avisos sobre os servizos municipais e outro tipo de incidencias que non están tipificadas na aplicación.

A tenente de alcalde, Montserrat García mostrouse moi satisfeita co balance do primeiro mes de funcionamento de Línea Verde xa que “os datos amosan a confianza dos ponteses neste servizo no que achan una resposta eficaz e rápida do goberno local na resolución das incidencias que comunican”.

Isto é posible porque a aplicación ofrece a posibilidade, a todos os veciños, de comunicar as incidencias en tempo real. Trátase dun servizo que se pode empregar tanto a través da páxina web www.lineaverdeaspontes.com, como descargando a aplicación no móbil, tendo a opción de achegar fotos e unha breve descrición sobre a incidencia así como as coordenadas nas que se localiza a incidencia.

García puxo de manifesto que con Línea Verde o Concello de As Pontes vai un paso máis alá no seu compromiso coa participación e atención cidadá, implicado ós ponteses na xestión dos servizos municipais que lles afectan de forma directa. “A información que nos aportan os veciños, a través deste novo servizo de atención e participación cidadá, é moi valiosa; permítenos solucionar os problemas dun xeito máis eficaz e con maior rapidez. Entre todos estamos facendo de As Pontes o pobo que queremos”.

Por outra banda, a tenente de alcalde insistiu na importancia da colaboración, implicación e compromiso dos veciños para asegurar a boa marcha do municipio e deste novo servizo municipal: “Cada vez son máis o ponteses que traballan por acadar un pobo sostible, accesible, más habitable e esta aplicación estanos permitindo coñecer as súas preocupacións e necesidades polo que, desde o Concello, animámolos a seguir empregando Linea verde, porque todos xuntos facemos As Pontes” recalcou a tenente de alcalde.