Skip to main content
Actualidade

As Pontes acolle unhas xornadas sobre cooperativismo

Por 19 Abril, 2018Sin comentarios

Os días 23 e 24 de abril, As Pontes acollerá unhas xornadas sobre cooperativismo organizadas pola Rede Eusumo da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de As Pontes.

Daniel Diéguez, secretario da Asociación de Novos Empresarios (AJE) de Ourense, será o poñente invitado e amosaralles ós asistentes a esta formación, que se realizará a través de videoconferencia, os cambios que se están producindo no mercado de traballo, as vantaxes que o cooperativismo ofrece no eido empresarial así como algunhas nocións básicas sobre emprendemento.

Esta xornadas veñen a sumarse á ampla oferta formativa que desenvolve o Concello de As Pontes no ámbito do emprego e do emprendemento e, desde a Concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego sublíñase a importancia de que as administracións locais se implique coa formación xa que, en palabras da súa responsable, Ana Pena “estas xornadas poden traducirse en iniciativas e oportunidades laborais e de emprendemento que repercutan de xeito positivo na boa marcha da economía local”.

As xornadas desenvolveranse na Aula CeMIT, situada no soto do Edificio Dopeso, na rúa Rosalía de Castro, nº 28, os días 23 e 24 de abril, entre as 10:30 e as 12:30 horas.

Os interesados poden inscribirse ou solicitar más información chamando ó teléfono 637 900 975 ou enviando un correo electrónico cemit.aspontes@xunta.es