Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz celebra unha cea solidaria contra o cancro

Por 2 Abril, 2018Sin comentarios

A xunta local de Guitiriz da Asociación Española contra o Cáncro celebrará o día 28 de abril unha cea solidaria para recaudar fondos para a investigación desta enfermidade.

Esta cea, que na localidade chega á súa VII edición, terá lugar este ano no restaurante La Casilla, o 28 de abril ás 21 horas. Terá un prezo de 20 euros e a actividade estará amenizada por música en directo.

Os interesados en participar poden adquirir as súas entradas no restaurante La Casilla, bar Gaibor, Concello de Guitiriz, perruquería Gloria, bar Recreo e drogería Cheno. Tamén poden informarse ou reservar a través dos teléfonos 662.329.670 (Yolanda), 685.394.590 (Sandra) e 618.70.90.85 (Regina).