Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras celebra este sábado a súa III Festa da Xuventude

Por 6 Abril, 2018Sin comentarios

Una comisión é a encargada de celebrar este sábado, 7 de abril, a III Festa da Xuventude na localidade de Muras, na que colabora o Concello.

Os actos darán comezo arredor das 13:30, cando haberá pinchos gratuitos, e despois comezará a festa coa música do grupo Mar de Arosa. Ás 14.30 horas haberá un sorteo de tres agasallos entre os asistentes. Finalmente, pola tarde, gran verbena coa música de Mar de Arosa e tamén da orquestra Cinema, a partir das 22.30 horas.  Haberá tamén xorteos pola noite, 300 euros de premios e outros agasallos.