Skip to main content
ActualidadeMuras

O Punto de Atención a Infancia en Muras comenzará nuns meses

Por 21 Abril, 2018Sin comentarios

O Punto de Atención á Infancia de Muras comezará a funcionar nus meses, así o confirmaron dende o Concell0 de Muras, e terá servizo para 20 prazas.

Este servizo de atención á infancia, que empezou cos trámites para a súa posta en marcha no 2016, ubicarase na planta baixa do Ceip Antía Cal, na zona que ocupaba anteriormente o ximnasio. A este punto poderán acudir pequenos de entre tres meses e tres anos, de luns a venres, en horario de 8.00 a 16.00 horas.

Este servizo contará con dous tipos de asistencia, de catro horas ou de oito e tamén a posibilidade de ir horas soltas. O horario de entrada será ás 10.00 horas, e as saídas serán de 12.30 a 13.00 horas e a partir das 14.00 horas para os que queden no comedor.

En canto aos prezos ó máximo que deberán pagar por asistir a semana completa as oito horas diarias será de 169,26 euros, un prezo que se reducirá non 50% para aqueles pequenos que acudan só a media xornada. Tamén haberá descontos para as familias que matriculen a máis dun neno e nalgúns casos o servizo será gratuíto, xa que o custo irá en función dá renda.

Para este servizo, terán prioridade os nados ou empadronados no concello. Despois, os nenos que teñan a algún dos seus pais traballando no concello de Muras. E, por último os nenos doutros municipios limítrofes.

O Punto de Atención xa está equipado e listo, so están esperando a que a Xunta dea o visto bo. Por iso, confirmouse que se vai a realizar unha adxudicación directa, o que permitirá que a súa apertura chegue ata antes do verán.